Misión
compartida
Os xesuítas en España colaboramos con laicas e laicos que constitúen a meirande parte do equipo humano das súas obras, nas que asumen con naturalidade todo tipo de tarefas e responsabilidades. Moitas desas persoas comparten connosco a espiritualidade que anima as obras, mentres que outras se senten atraídas pola nosa misión. Entre todos conformamos un único corpo apostólico de enorme riqueza na súa diversidade.
A familia ignaciana esténdese alén das estruturas da Compañía de Xesús en numerosos grupos e asociacións de laicos identificados coa espiritualidade ignaciana, como as Comunidades de Vida Cristiá (CVX), as redes ignacianas ou os antigos alumnos, ademais das diversas ordes relixiosas de espiritualidade ignaciana. Con eles traballamos os xesuítas, acompañando grupos e comunidades, e en iniciativas para o crecemento da fe e a prol da dignidade das persoas.
A Compañía de Xesús está presente tamén en múltiples foros e redes eclesiásticas e sociais, axuntando esforzos con grupos e persoas de diferentes sensibilidades, ideas e relixións, cos que comparte o obxectivo de achegar o mundo ós valores do Evanxeo.