Ignacio,
o peregrino
O seu nome familiar era Iñigo López de Loiola, mais decidiu cambialo polo latinizado Ignacio cando estudaba en París. A súa historia é a dun home cuxa única arela era descubrir a vontade de Deus e cumprila. Durante a súa xuventude tivo outros plans, perseguiu honores e gloria, mais un a un fóronselle cerrando os camiños cos que soñara. A través dos seus fracasos, derrotas e feridas foi como Deus entrou na súa vida. Pouco a pouco aprendeu a deixarse guiar e a manter sempre viva no seu corazón a pregunta: que queres agora de min, Señor? E o Señor levouno case sempre por onde el non esperaba.

Non foi un superhome. Mais é este simple «peregrino» —como se refería Ignacio a si mesmo— o redactor dos «exercicios espirituais» que millóns de persoas de diferentes culturas e sensibilidades utilizaron dende entón como guía para coñecer a vontade de Deus nas súas vidas, é tamén o fundador, xunto cun grupo de amigos, dunha orde relixiosa significativa na historia da Igrexa Católica.
Iñigo foi, á fin e o cabo, un home empeñado en compartir a vida cos máis desfavorecidos, guiado sempre por un ideal de servir a Igrexa e transformar o mundo, á meirande gloria de Deus.