Que
facemos
- Homes e mulleres PARA os demais
- Colexios abertos
- Universidades: Saber para SERVIR
- Antigos Alumnos/as: En sintonía
- MAGIS: vivir máis con DEUS
- SAÍR dun mesmo con Outro
- COMPARTIR a Vida con outros
- SERVIR con sinxeleza e ledicia
- SOÑAR unha fraternidade universal nun mundo fogar
- Un estilo de vida con marca “+”
O traballo dos xesuítas desprégase en ámbitos moi diversos. Santo Ignacio de Loiola quixo que estivésemos sempre preparados para realizar calquera tarefa ou ser enviados a calquera sitio onde fósemos requiridos. E xa dende os seus comezos, a actividade da Compañía foise diversificando cara a diferentes campos segundo os retos e problemas de cada lugar e de cada xeración.
Esta é a razón de que hoxe nos atopemos con xesuítas dedicados a tarefas que abranguen dende a educación, a atención ó mundo da marxinación, o acompañamento espiritual, ata a investigación científica, a reflexión teolóxica… e tantos outros campos. Porén, tódalas súas actividades están caracterizadas pola promoción da xustiza e polo diálogo coa cultura, na liña definida pola Compañía de Xesús na súa Congregación Xeral 32 do ano 1974 e que reiterou a Congregación Xeral 34 do ano 1995: «Non pode haber servizo da fe sen promover a xustiza, entrar nas culturas, abrirse a outras experiencias relixiosas» (Decreto 1,19).
En todos estes ámbitos, os xesuítas buscan esforzadamente «remar ó servizo da Igrexa» e facelo «incluso co vento en contra», como lles pedía o papa Francisco ―xesuíta el tamén― na igrexa do Gesù de Roma en 2014.