Onde
estamos
A Compañía de Xesús en España organízase territorialmente en Plataformas Apostólicas.
As Plataformas Apostólicas (PA) agrupan xesuítas, laicos, comunidades e obras dun territorio determinado, que traballan coordinadamente. Este mapa presenta as PA e unha breve descrición das obras e comunidades que comprende cada unha delas.
A presenza da Compañía de Xesús esténdese por todo o mundo, con xesuítas en máis de 100 países dos cinco continentes. A Curia Xeral atópase en Roma.
PA Cataluña
A Plataforma Apostólica de Cataluña está formada por 11 comunidades e diversas obras nas cidades de Barcelona, L’Hospitalet del Llobregat, Esplugues del Llobregat, Manresa, Sant Cugat del Vallès, Lleida, e a presenza de xesuítas en Tarragona e Girona.
Conta con 8 colexios que forman parte da rede Jesuïtes Educació e que están situados en distintos barrios da cidade de Barcelona, en Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e en Raimat (Lleida). E con catro centros universitarios: o Instituto Químico de Sarrià, ESADE, TSI-Turismo San Ignacio e o Institut de Teologia Fonamental.
6 organizacións –Migra Studium, la Vinya, Salut Alta, Centre Sant Jaume, Arrels Sant Ignasi e Entrecultures Barcelona- forman parte do sector social nesta plataforma e traballan en ámbitos como a atención a persoas migrantes, a menores e familias en risco de exclusión, a persoas sen fogar ou en cooperación internacional, entre outros. Súmase ademais a estas organizacións o centro de estudos Cristianisme i Justícia, de reflexión social e teolóxica, e que conta con diversos grupos de traballo interno, publicacións, así como actividades de divulgación e sensibilización.
No ámbito pastoral, pertence á nosa plataforma o centro internacional de espiritualidade Cova Santo Ignacio, en Manresa, mentres que na cidade de Barcelona contamos cunha casa de Exercicios, no barrio de Sarrià. No centro da cidade, o Casal Loiola é o espazo no que converxen proxectos e grupos de pastoral infantil, xuvenil, universitaria e de adultos, CVX, así como actividades diversas de espiritualidade ou formación. Cabe salientar tamén o dinamismo da comunidade Cristiá Sant Pere Claver, no barrio do Clot de Barcelona, que aglutina iniciativas diversas no campo pastoral e solidario, así como o impulso acadado en Lleida, onde as comunidades e obras na mesma cidade e na localidade de Raimat realizan un gran número de iniciativas pastorais, educativas e sociais, cunha ampla colaboración con outras institucións da diocese. Preto de Lleida contamos tamén co Santuario de San Pedro Claver no lugar de nacemento deste santo xesuíta, na pequena poboación de Verdú.
A intensa actividade pastoral esténdese a través do traballo nas igrexas propias (Sagrat Cor, na rúa Casp, Nuestra Señora de la Victoria, no barrio gótico, e a igrexa do Centro Borja de Sant Cugat) e parroquias encomendadas á Compañía de Xesús. Así é, por exemplo, na parroquia de Nosa Señora de Bellvitge, en L’Hospitalet, ou na parroquia de Sant Ignasi de Loiola, en Lleida. Colabórase así mesmo noutras parroquias diocesanas e comunidades, en diversas lugares.
Merecen mención especial os 9 centros de esplai (educación no tempo libre), situados tamén nos distintos barrios e cidades con presenza da Compañía de Xesús, e que chegan a un gran número de rapaces/as e xente moza, como espazo de crecemento na fe e compromiso coa vida, na liña da espiritualidade ignaciana.
En Sant Cugat del Vallès a presenza da Compañía xira arredor do Centre Borja, que acolle unha comunidade e unha enfermería.
Outras actividades e institucións coas que conta a Plataforma son a delegación en Cataluña do Secretariado de Misións e o Arquivo Histórico da antigo provincia Tarraconense.
PA Loyola
Intégranse nesta PA as comunidades e obras de Cantabria, País Vasco e Navarra.
En Santander, a comunidade xesuíta está vinculada ó templo do Sagrado Corazón (residencia). Atópanse nela unidos, ademais: o Centro Loiola que, xunto coa animación de grupos de adultos de afondamento na fe, ofrece unha Aula de Teoloxía alentada polo bispado de Santander e a universidade de Cantabria, que ofrece preto de 20 conferencias anuais; o Colexio Kostka, cunha liña por curso desde Educación Infantil a Bacharelato incluído; a Casa de Exercicios en Pedreña con boa ocupación anual e a Delegación de Entreculturas para Cantabria cos seus programas abertos á cidade.
En Biscaia existen tres comunidades xesuítas en Bilbao: a da residencia Santo Ignacio, a do colexio de Indautxu e a comunidade da universidade de Deusto. No centro de Bilbao está a igrexa do Sagrado Corazón (residencia) e onda ela o edificio de Arrupe Etxea de Bilbao, onde se concentran varias institucións: O Centro Loiola que desprega a actividade dos Centros Fe-Cultura-Xustiza, o Grupo de Comunicación Loiola, a ONGD para o desenvolvemento ALBOAN —que opera en Euskadi e Navarra— e o Centro Social Ignacio Ellacuría de atención e servizo a inmigrantes. A universidade de Deusto e o Colexio Maior Deusto son as institucións do sector universitario, e en canto ó sector de educación encontramos o colexio de Nª Sª de Begoña (Indautxu) coa Escola de Química e Electrónica de formación profesional. No complexo do colexio de Indautxu está a igrexa de Nª Sª de Begoña. Na localidade de Durango encóntrase a comunidade de xesuítas, o Colexio San Xosé coa igrexa do mesmo nome e mailo Proxecto Jesuiten Etxea de acollida e traballo con inmigrantes. A comunidade CVX Arrupe está presente en Bilbao, Basauri e Durango.
En Áraba, xunto co Centro Loiola de Vitoria e unha sede da ONG Alboan, estase presente a través do centro educativo Egibide, xestionado conxuntamente coa diocese de Vitoria a través da “Fundación Diocesanas-Jesús Obrero Fundazioa”. Tamén existe unha comunidade de CVX.
En Guipúscoa, as comunidades xesuítas son as do Noviciado San Francisco Xabier; Residencia do Sagrado Corazón, a comunidade de Loiolaetxea e a comunidade de xesuítas do Santuario de Santo Ignacio de Loiola. En San Sebastián, o educativo ten os seus dous piares no colexio Santo Ignacio de Loiola e a universidade de Deusto. Xunto ó colexio, no barrio de Gros, están o Noviciado, no que os que entran na Compañía viven os seus dous primeiros anos de formación, e o Proxecto Loiolaetxea, comunidade de hospitalidade onde conviven xesuítas, laicas e laicos, e persoas con experiencia carceraria e en procesos de inclusión social. No centro da cidade está a igrexa do Sagrado Corazón de Xesús, e no mesmo recinto, a sede do Centro Loiola, que é ademais lugar de reunión de xente moza e adultos/as e de CVX. Tamén alí ten a súa sede Alboan. Por último, o Santuario de Santo Ignacio de Loiola, en Azpeitia, é un lugar de referencia internacional. Alí está a “Santa Casa”, lugar do nacemento e conversión de Santo Ignacio. Atende o Centro de Espiritualidade (CEL), o Albergue Loiola, o Hospital da Magdalena, o Hotel Arrupe, a Biblioteca e Arquivo e a casería do Beato Irmán Gárate.
As comunidades de Pamplona, Xabier e Tudela intégranse en Navarra. O santuario de Xabier é un lugar emblemático tanto para Navarra como para a Compañía universal e acolle multitude de peregrinos e visitantes de todo o mundo. Está constituído pola basílica, o castelo con museo, o centro de espiritualidade (Casa de Exercicios e Centro Xuvenil), a Aula Francisco de Jasso (Auditorio e o Arquivo de Schurhammer) e a parroquia da Anunciación na que San Francisco Xabier foi bautizado. Concéntranse en Pamplona, nun amplo complexo, o colexio Santo Ignacio, a igrexa da Inmaculada e o Centro Loiola. Tamén en Pamplona ten a súa sede en Navarra Alboan. En Tudela sitúase o Colexio San Francisco Xabier; e, no barrio de Lourdes, moi preto da vivenda da comunidade, a parroquia da Nosa Señora de Lourdes, a Fundación San Francisco Xabier e o Centro P. Lasa, que se suma en Tudela ó amplo labor en España do Servizo Xesuíta a Migrantes (SJM).
PA Madrid
Na PA de Madrid intégranse as comunidades e obras de Madrid e Alcalá de Henares. Nesta última encóntranse o arquivo e unha das enfermerías da provincia.
A acción apostólica da Compañía de Xesús en Madrid desenvólvese en obras que intentan, na medida do posíbel, traballar máis estreitamente, fortalecidas polas distintas comunidades que conforman a Rede Ignaciana. Estas son:
A Universidade Pontificia Comillas. Non depende dunha comunidade concreta. Colabora moi estreitamente con outras presenzas apostólicas da Compañía. Caracterízase polo seu prestixio e a súa gran capacidade de presenza mo mundo da cultura, a ciencia e a técnica; así como pola súa ampla superficie de contacto co mundo da xuventude. A súa tarefa está centrada na evanxelización da cultura e no diálogo coa mesma a un nivel, sobre todo, académico. O Colexio Maior Loiola e o Colexio Maior e Seminario Pontificio Comillas súmanse xunto co Centro Arrupe de pastoral universitaria á súa misión.
Os Colexios Nuestra Señora del Recuerdo, Padre Piquer e San Ignacio de Loiola en Alcalá de Henares, segundo a súa diversa capacidade, xeran espazos apostólicos coa infancia e a xuventude con vocación de continuidade, atendendo como membros de EDUCSI unha gran diversidade de alumnos e familias.
Na Ventilla e no barrio do Pilar están as comunidades de xesuítas en formación.
Na Unidade Pastoral Padre Rubio formada polas parroquias de Santo Ignacio de Loiola e de San Francisco Xabier e San Luis Gonzaga, e o centro social “Casa S. Ignacio”, e “Pueblos unidos” realízase de forma coordinada unha presenza nun entorno menos favorecido e con persoas con necesidades para o seu desenvolvemento persoal e económico.
A Residencia San Pedro Fabro e a Comunidade da rúa Mártires da Ventilla son lugares de acollida: a primeira para xesuítas en tránsito e colaboradores convocados a reunións de traballo en Madrid; a segunda para xente moza en exclusión.
En Jesuitas Maldonado hai unha comunidade da que depende a parroquia San Francisco de Borja, así como o centro pastoral, no que hai unha gran variedade de obras de distinta natureza. Alí teñen a súa sede os Grupos Católicos Loiola, así como a Comunidade de Matrimonios Nazaret. O centro Padre Rubio, vinculado a Pobos Unidos, desprega o seu traballo con inmigrantes. En Maldonado están tamén a sede nacional de Entreculturas e mais unha das sedes do Grupo de Comunicación Loiola, así como a oficina de comunicación da provincia. O centro Pedro Fabro coordina as iniciativas de formación e acompañamento en espiritualidade ignaciana, e ofrécense ademais desde a casa unha gran variedade de actividades formativas e pastorais abertas a todo aquel que poida estar interesado, alén dos grupos particulares.
PA Ebro
A PA de Zaragoza e Logroño está configurada polas comunidades e obras que levan a cabo a súa misión en ambas as cidades. Neste momento hai dúas comunidades en Zaragoza (Colexio do Salvador e Centro Pignatelli) e unha en Logroño.
O sector apostólico educativo (EDUCSI) está presente con dúas institucións de recoñecemento en cada cidade: o Colexio do Salvador en Zaragoza, cunha longa tradición educativa e aberto agora a alumnos con necesidades especiais (autistas) e o Colexio do Sagrado Corazón en Logroño, con case 2000 alumnos en Primaria, Secundaria e Formación Profesional.
No ámbito pastoral, o Centro Pignatelli, centro Fe-Cultura e Xustiza, é unha institución de referencia no ámbito social e eclesial en Zaragoza, que, ademais dos seus departamentos propios conta cunha igrexa pública con moita vida pastoral, unha tarefa importante en pastoral universitaria (MAG+S) e un centro de atención familiar. A proposta pastoral compleméntase en Zaragoza coa casa de exercicios do Sagrado Corazón “Quinta Julieta”
En Logroño a actividade pastoral ten como referencia a parroquia Santo Ignacio de Loiola.
No ámbito social é significativa a presenza nas dúas cidades da ONG para o desenvolvemento Entreculturas e unha mención especial merece a actividade que desenvolve en Zaragoza o Seminario de investigación para a Paz co obxectivo de contribuír á investigación para a paz nas súas múltiples facetas. Finalmente, a Comunidade de Vida Cristiá CVX presente en Zaragoza colabora en levar a cabo a misión da Compañía.
PA Galicia
Intégranse na PAL de Galicia as comunidades e obras de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. En cada unha das cidades hai unha comunidade xesuíta que atende as diversas obras apostólicas.
En Galicia o educativo ten unha forte presenza con tres colexios, un en cada cidade (Santa María do Mar en A Coruña, San Francisco Javier en Santiago e Apóstolo Santiago en Vigo); está ademais o Colexio Maior Santo Agostiño e o CIMRE (centro de investigación musical) en Santiago. O templo coruñés do Sagrado Corazón de Xesús é lugar de celebración con ampla atención pastoral. Aquí atopan o seu espazo a pastoral universitaria e paraescolar a través do Centro Loiola, as actividades do Centro Fonseca, o Centro de Orientación Integral á Familia, a CVX e os grupos de adultos. En Santiago, a igrexa de Santo Agostiño atende relixiosamente a fieis da cidade e dos pobos próximos. En Vigo, o traballo pastoral pivota sobre a parroquia San Francisco Javier do barrio de Teis, a igrexa dos Apóstolos no centro da cidade e o Centro Xuvenil Loiola. O apostolado social ten as súas principais expresións na colaboración con Entreculturas nas súas sedes de Vigo e A Coruña, e coas Aulas da Terceira Idade en varios puntos de Galicia. En Ourense e Lugo hai delegacións de radio Ecca.
PA Castela e León
Esta Plataforma Apostólica comprende a zona xeográfica castelá-leonesa onde hai algunha obra ou institución vinculada á Compañía de Xesús: Burgos, León, Salamanca, Palencia, Valladolid e Villagarcía de Campos. Técese dende estes enclaves o corpo apostólico da Compañía nesta rexión.
Burgos reúne tódolos xesuítas da cidade nunha soa comunidade. En canto ás obras, estas susténtanse sobre catro piares: Colexio La Merced e San Francisco Xabier, igrexa Nuestra Señora de la Merced, centro de pastoral la Merced e ATALAYA.
O centro educativo La Merced e San Francisco Xabier diversifícanse despois da ESO coas ensinanzas de bacharelato e formación profesional. A igrexa da Merced é o lugar onde se desenvolve a pastoral sacramental e onde está o secretariado da Rede Mundial de Oración do Papa.
O centro de pastoral ofrece múltiples actividades de tipo social, teolóxico, bíblico, exercicios espirituais en diversas modalidades, proxecto familia, etc. Nel reside o CIE (Comunidades Ignacio Ellacuría), Entreculturas, Centro Loiola e a Comunidade de Vida Cristiá (CVX-Hogar Santa María). ATALAYA é unha asociación de atención a migrantes liderada por un grupo de relixiosos, relixiosas e laicos, onde está moi presente a Compañía.
En Salamanca, a presenza comunitaria concéntrase na comunidade do colexio San Estanislao (popularmente «Casona») que integra pola súa parte a Enfermería Provincial e a Terceira Probación, a etapa final da formación dos xesuítas. As obras que atopamos son variadas: A parroquia El Milagro de San José, con grande implantación no barrio e na cidade e con moita vida pastoral; logo está o colexio San Estanislao de Kostka, que naceu, como a parroquia, da iniciativa social do P. Basabe («ladrillo a ladrillo») e que conta con alumnos ata a Ensinanza Secundaria Obrigatoria.
No mesmo edificio do colexio está o Centro de Espiritualidade (CES), que goza dunha ampla oferta en espiritualidade ignaciana a través de exercicios espirituais, retiros, seminarios e máster. Ademais, colabora na formación de laicos e dos profesores dos colexios da Provincia de España.
Salamanca conta cunha Comunidade de Vida Cristiá (CVX) moi dinámica, cun obxectivo común a todos: o traballo na pastoral xuvenil e universitaria. A delegación de Entreculturas garante a presenza do apostolado social nas distintas obras da cidade.
Sen presenza comunitaria, pero con actividade apostólica están na Plataforma dúas cidades:
León, co colexio Sagrado Corazón, de gran tradición na cidade e con ensinanzas desde infantil ata bacharelato e a delegación de Entreculturas.
E Palencia, onde está a sede do Secretariado de Misións de Extremo Oriente que depende da oficina do Secretario de Misións da Provincia de España. Tamén en Palencia, quedan dous grupos ignaciáns que xurdiron na nosa antiga residencia: un social de apoio a rapaces migrantes e outro de atención pastoral a adultos.
Intégranse na provincia de Valladolid as comunidades e obras da propia cidade e de Villagarcía de Campos. Hai neste momento tres comunidades (Residencia Sagrado Corazón, Colexio San José e a do Colexio Maior Menéndez Pelayo, e en Villagarcía está a comunidade dunha das enfermerías da Provincia.
En canto a obras educativas, cómpre salientar a presenza do colexio San José e do Instituto Politécnico Cristo Rey; está ademais a Escola Agraria de Enxeñería Agrícola (INEA), con especial vinculación e orientación cara ó mundo da ecoloxía, cos seus hortos ecolóxicos, proxectos socioambientais e de economía circular. Á calor deste dinamismo de coidado da Casa Común, a Compañía, xunto con outros amigos e colaboradores, participa da Cooperativa “Come San Come Justo”, de produtos ecolóxicos e de comercio xusto, que promoven proxectos sociais en diversas partes do mundo.
No ámbito educativo está tamén o Colexio Maior Menéndez Pelayo que -con gran tradición na cidade- atende a formación integral de xente moza que estuda nas diferentes Facultades da cidade.
Hai en Valladolid unha sede do Grupo de Comunicación Loiola onde se atopa a parte literaria (antes SalTerrae) e outra dedicada ás novas tecnoloxías (Oficina SJDigital), encargada, entre outros moitos proxectos, de Rezandovoy.
A igrexa do Corazón de Xesús en Valladolid é lugar de celebración, cun forte movemento pastoral. Atopan aquí o seu espazo a pastoral MAG+S de xente moza do Centro Loiola, as actividades do Instituto Fe y Desarrollo, os grupos FYD de adultos, os Grupos de Oración San José e a presenza creativa e colaboradora da CVX.
Villagarcía de Campos é, ademais de enfermería, casa de exercicios.
Finalmente, o apostolado social ten as súas principais expresións na forte presenza e participación na Rede Incola (ONG de atención a persoas migrantes formada por diversos grupos de relixiosos e relixiosas) e na colaboración con Entreculturas e os seus proxectos, que transversalmente se fan presentes no resto de obras da cidade.
PA Asturias
Na PAL de Asturias intégranse as comunidades e obras de Oviedo e Xixón e a Casa de Exercicios de Celorio. Hai tres comunidades e un coetus: dúas en Xixón, unha en Oviedo e tamén hai presenza no barrio Tremañes de Xixón.
En canto ás obras o peso forte lévao o labor educativo: dous Colexios, unha Escola Profesional e o Fundación Fogar de San Xosé onde son atendidos e acompañados decenas rapaces procedentes da marxinación, aínda que tamén teñen un papel destacábel as dúas Parroquias, as dúas en Xixón ás que hai que engadir a de Tremañes, é atendida polos dous xesuítas.
Tanto en Xixón coma en Oviedo existen dous Centros de Pastoral Universitaria. En Oviedo temos o Templo coñecido como a Igrexa das Salesas que presta un bo servizo a xente maior e é tamén lugar de celebración das familias do colexio e do centro de pastoral Universitaria.
Tanto en Oviedo coma en Xixón están Entreculturas e mais CVX, ambos integrados na PAL de Asturias.
PA Andalucía Oriental
Intégranse nesta PA as comunidades e obras das provincias de Málaga, Granada, Xaén, Almería e Nador (Marrocos).
En Málaga, hai dúas comunidades: Sagrado Corazón de Xesús (residencia) e San Estanislao (enfermería da Provincia). En canto a obras, en Málaga existen tres centros de educación non universitaria, dous integrados na Fundación Loiola Andalucía - Canarias (San Estanislao de Kostka e San Xosé) e un integrado na Fundación EE.PP. Sagrada Familia (Centro SAFA-ICET). Dependentes da Residencia, ademais do gran templo do Sagrado Corazón de Xesús, está o Centro de Pastoral “Pedro Arrupe”, integrado na Fundación Francisco Suárez con múltiples actividades, o Apostolado da Oración e o Padroado para a canonización do P. Tiburcio Arnaiz. Dirixida por un xesuíta e con participación importante da Compañía de Xesús no seu Padroado, está tamén a Fundación Lux Mundi, para o servizo relixioso a estranxeiros e o diálogo interrelixioso, mantendo dúas sedes, unha en Fuengirola e outra en Torre del Mar. La Fundación Entreculturas ten unha delegación en Málaga e a comunidade cristiá CVX conta con enraizada implantación.
En Granada están constituídas dúas comunidades: a residencia do Sagrado Corazón de Xesús e a residencia de Cartuja. Dependentes da residencia, ademais do templo do Sagrado Corazón de Xesús, está o centro universitario Francisco Suárez, integrado na Fundación Francisco Suárez, no que se atopan a delegación de Entreculturas, as Comunidades Cristiás CVX, o Centro de orientación e axuda psicolóxica, a Asociación cultural K. Rahner, etc. Depende tamén da Residencia o Apostolado da Oración e a Asociación de Viúvas Trébol. A principal obra en Granada é a Facultade de Teoloxía. Ademais desta, completan a súa acción educativa: o Instituto Superior de Ciencias Relixiosas «Tomás Sánchez»; os Centros de Estudios Postridentinos; Centro de Estudios de Historia do Cristianismo e do seu Patrimonio Cultural; Centro de Estudios de Tradicións Relixiosas Andaluzas (CETRA). Na provincia, as EE. PP. SAFA contan co Centro Nosa Sra. do Rosario, en Atarfe.
En Xaén non hai comunidade xesuíta. Mais a Compañía faise presente a través das EE.PP. Sagrada Familia, que contan con centros educativos en Úbeda, Alcalá la Real, Andújar, Linares, Villacarrillo e Villanueva del Arzobispo, ademais da Escola Universitaria de Maxisterio, vinculada tamén ó Centro de Úbeda.
En Almería cóntase cunha soa comunidade de xesuítas, que atende tres parroquias: Parroquia Santo Ignacio, Nª Sª de Araceli e El Buen Pastor. Na primeira existe unha CVX. No centro da cidade, atende tamén o Centro Indalo-Loiola. A EE. PP. Sagrada Familia conta cun Centro Educativo na cidade.
En Nador (Marrocos), hai unha comunidade de xesuítas, dependente da comunidade de Almería, que atende o Centro de Formación Profesional e Cultural Baraka e a Delegación Diocesana de Migracións do Arcebispado de Tánxer.
PA Sud-occidental
Esta extensa PA inclúe Canarias, Estremadura e as provincias andaluzas de Cádiz, Córdoba, Huelva e Sevilla.
En Cádiz hai unha comunidade: El Puerto de Santa María. En Córdoba outra: San Hipólito. En Huelva a de San Francisco Xavier. En Sevilla tres: Sagrado Corazón, Portaceli e San Pedro Claver, na barriada de Torreblanca.
No referente a obras educativas hai que mencionar a Universidade Loiola Andalucía cos seus dous campus en Sevilla (Dos Hermanas) e Córdoba (ETEA). Ademais está o Colexio Portaceli da Fundación Loiola, e da Fundación SAFA hai 17 colexios: 6 na provincia de Cádiz (Cádiz, Chiclana, Las Lomas, El Puerto de Santa María, Alcalá de los Gazules e Jerez de la Frontera), 3 na de Córdoba (Baena, Bujalance e Pedro Abad), 2 na de Huelva (Huelva e Valverde del Camino) e 6 na de Sevilla (3 en diversos barrios de Sevilla, Écija, Osuna e Montellano). En Sevilla existe unha delegación da Fundación ECCA.
No campo pastoral hai 3 parroquias (2 no barrio de Torreblanca, en Sevilla, e 1 en El Puerto de Santa María), 4 templos non parroquiais (2 en Sevilla, 1 en Córdoba e 1 en Huelva), 2 casas de Exercicios (El Puerto de Santa María e en Dos Hermanas), 2 centros Fe – Cultura - Xustiza (Córdoba e Sevilla), 2 centros de pastoral (Huelva e Sevilla).
No campo social a Asociación Claver como parte do Servizo Xesuíta a Migrantes – SJM- con sedes en Sevilla e Córdoba, a residencia San Rafael en Dos Hermanas, que atende persoas da terceira idade e o comedor social Virxe da Cinta, en Huelva. Ademais existen delegacións de Entreculturas en Córdoba, El Puerto de Santa María, Huelva e Sevilla.
En Estremadura encontramos dúas comunidades xesuítas, a de Villafranca de los Barros e a de Badaxoz.
En Villafranca está o Colexio San José, que conta ademais coa residencia para os estudantes que desexen. Tamén ten especial relevo a Asociación de Antigos Alumnos, con moitos anos de funcionamento e con algo máis de 3.400 afiliados que colaboran estreitamente coa Fundación San Xosé do colexio e outras moitas actividades.
En Badaxoz capital a PA conta coa Escola Virxe de Guadalupe, no popular barrio de San Roque, onde ademais de Infantil, Primaria e ESO, tamén ten Bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior. No mesmo barrio e próxima á Escola está a Parroquia da Santísima Trindade. No Centro Loiola desenvólvense actividades pastorais e sociais múltiples con universitarios e mozos adultos. Tamén forma parte da plataforma a Asociación para a Liberdade, constituída por algúns matrimonios mozos que desde hai anos axudan presos para a súa reintegración na sociedade. Tamén temos a REDE Ignaciana, onde se aglutinan unhas 240 persoas ás que lles gusta vivir o Evanxeo en clave ignaciana. Dende hai máis de once anos teñen o seu boletín mensual coas diversas actividades que se realizan: campamento familiar no verán, pascua familiar na Semana Santa, catequese na Parroquia, colaboración con Caritas, etc. Agora, un grupo de matrimonios mozos da REDE comezou a se poñer en marcha como "banca ética" para facer pequenos préstamos sen interese que poden axudar familias necesitadas. Entreculturas Estremadura, aínda que ten a súa oficina en Badaxoz, traballa activamente tanto en Villafranca coma nos centros sj de Badaxoz, así coma noutros centros, colexios, parroquias, etc. de toda Estremadura.
En Cáceres hai unha delegación numerosa de Radio ECCA e, tamén en Badaxoz, nos locais da Escola Virxe de Guadalupe, ten esta institución unha representación onde imparte clases.
A situación de Canarias vén moi determinada pola distancia física do arquipélago respecto doutros territorios da península, pola súa proximidade á África Occidental e polo carácter fracturado do seu territorio, onde cada illa conta cun modo de presenza diferente da Compañía de Xesús.
Hoxe só existe unha comunidade de xesuítas, situada nas Palmas de Gran Canaria, mais o noso labor reúne institucións e actividades presentes en tódalas illas. Trátase de integrar realidades moi diversas arredor de tres proxectos institucionais:
- • O Colexio Santo Ignacio de Loiola (cuxo titular é a Fundación Loiola, con sede en Sevilla), herdeiro dunha acción educativa local que se remonta ó século XVII;
- • Radio ECCA, obra educativa para persoas adultas, moito máis recente pero presente en todo o arquipélago, noutras comunidades españolas e en África Occidental aínda que ten a súa sede central nas Palmas de Gran Canaria;
- • e o Centro Loiola, aberto á presenza doutras asociacións e grupos, expresión do compromiso cos outros nos obxectivos de Fe – Xustiza - Diálogo, que integra no seu proxecto a igrexa de San Francisco de Borja (Gran Canaria) cunha actividade que propicia o nacemento de grupos bíblicos, unha pequena comunidade de celebración e un espazo para a cultura e a fe, a Casa de Espiritualidade de Tafira (Gran Canaria), especialmente atenta ós Exercicios, sen esquecer retiros e encontros, e a Casa Manresa (Tenerife) que desenvolve un labor semellante en coordinación coa CVX de Tenerife.
Ademais, Entreculturas, que ten presenza estábel en Gran Canaria, La Palma e Tenerife, e as CVX, que se manteñen de forma activa nas illas de Gran Canaria e Tenerife, o grupo Tamarán Loiola do MSC e a organización de Antigos Alumnos reflicten unha rede de institucións que mantén unha presenza significativa da espiritualidade ignaciana.
A comunidade de xesuítas, que acompaña estas realidades, vive tamén como un privilexio ser lugar de acollida para os familiares e amigos da vintena de xesuítas canarios que actualmente traballan en diferentes provincias da Compañía de Xesús.
PA mediterránea
La PA Valencia, Gandía, Alacant, Murcia e Mallorca está conformada por cinco comunidades de xesuítas: en Valencia a comunidade de S. Ignacio (á que está vinculado o Piso de Acollida Claver) e a comunidade das Escolas San Xosé (que inclúe enfermería). A comunidade de San Francisco de Borxa, en Gandía. En Alacant, a comunidade da Inmaculada. En Murcia, a comunidade da residencia de Sto. Domingo e en Palma de Mallorca, a comunidade de Montesión.
No eido educativo a Compañía de Xesús conta, en Valencia, coas Escolas San Xosé, que ofrece educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. En Gandía, co colexio Borxa, de educación primaria e secundaria. En Alacant, co colexio Inmaculada, con tódolos niveis educativos desde educación infantil ata bacharelato. En Palma de Mallorca, co colexio Nosa Señora de Montesión, actualmente con dúas sedes: Palma (Bacharelato e Ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior) e Son Moix (EP e ESO).
No eido pastoral, o Centro Arrupe en Valencia e o Centro Loiola en Alacant e Murcia forman parte da rede de Centros Fe-Cultura-Xustiza. Aténdense, así mesmo, tres igrexas: a de Santo Domingo en Murcia, a do Sagrado Corazón en Gandía e a Nosa Señora de Montesión, coas reliquias de santo Alonso Rodríguez SJ, en Palma de Mallorca, cidade onde ademais a Compañía se encarga da parroquia de San Xoán de Ávila. Por último, hai dúas casas de exercicios: A Purísima en Alaquàs (Valencia) e Santo Alonso Rodríguez en Son Bono (Palma de Mallorca).
No ámbito social, a presenza da Compañía conta, en Valencia, cunha delegación de Entreculturas, sede tamén da coordinación rexional para Alacant, Elche e Murcia e cunha sede local do Servizo Xesuíta a Migrantes España. En Alacant, conta coa Obra Nazaret, con pisos de acollida de menores en situación de risco, colexio e atención a familias en situación de dificultade. En Palma de Mallorca, a presenza social céntrase no Padroado Obreiro e na Fundación P. Montalvo.
En Valencia hai unha unidade administrativa da curia, oficina local da Administración provincial o Secretariado de Misións. En Gandía, o Palau Ducal dels Borja difunde a figura de san Francisco de Borxa, ademais de ser un centro de atracción turística e cultural. En Murcia, salienta Radio Ecca de Murcia, con distintos proxectos educativos, a nivel nacional e local.