Secretariados
- Homes e mulleres PARA os demais
- Colexios abertos
- Universidades: Saber para SERVIR
- Antigos Alumnos/as: En sintonía
- MAGIS: vivir máis con DEUS
- SAÍR dun mesmo con Outro
- COMPARTIR a Vida con outros
- SERVIR con sinxeleza e ledicia
- SOÑAR unha fraternidade universal nun mundo fogar
- Un estilo de vida con marca “+”
Ademais dos distintos sectores apostólicos da provincia, existen tres secretariados que se ocupan dalgunhas misións específicas, de distinto rango, que dependen directamente do provincial.

SECRETARIADO DE MISIÓNS
O Secretariado de Misións está na Curia da Provincia de España, en Madrid. A súa función institucional é dobre: por unha parte, a coordinación e acompañamento dos Secretariados de Misións das antigas Provincias (Secretariado de Misións en Valencia, Misión do Xapón en Madrid, Missió i Desenvolupament en Barcelona, Misioneiros de Extremo Oriente en Palencia) e, por outra, a organización da xestión dos proxectos de Misións que realizaba antes a mesa de Provinciais co Provincial de España.
A nova Oficina debe axudar, desde a Curia Provincial, en todas aquelas cuestións relativas ás Misións da Provincia de España como, por exemplo, as estancias dos xesuítas misioneiros por aquí, a atención a persoas doantes e benfeitores, a recepción de peticións de axuda, e outras xestións desta índole. O Secretariado intenta tamén dar resposta a institucións que non son as ONG, e apoia peticións de colaboración económica coa Área de Cooperación Internacional do Sector do Apostolado Social da Provincia de España.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

SECRETARIADO DE MISIÓN COMPARTIDA
A misión compartida é unha realidade e, ó mesmo tempo, como tantas dinámicas do Espírito e do Reino, está por facer. A función deste secretariado é reflexionar, discernir e propoñer camiños de futuro neste ámbito, atendendo dúas dimensións: por unha parte, a misión compartida é sobre todo vida; pensar en como vivirmos xuntos esa vida e xerarmos procesos que a fagan fecunda; por outra parte, toda vida do Espírito debe ser iluminada a partir da valiosa achega dunha reflexión máis teórica; pensar xuntos, á luz das fontes do Evanxeo, a teoloxía, as Congregacións Xerais e a reflexión que outras congregacións relixiosas están a realizar no ámbito da Confer, como debemos avanzar neste camiño da comuñón na misión.
En definitiva, a función do secretariado é axudar a pensar e axudar a vivir a misión compartida con outros actores da Igrexa, relixiosos e laicos. E así axudar á misión, á comuñón e á unidade.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O SECRETARIADO DA COMUNICACIÓN
Ocúpase da estratexia comunicativa da Compañía de Xesús, da comunicación interna da provincia en España e da relación cos medios para cuestións que afectan a Compañía de Xesús, asesorando e apoiando institucións concretas en distintos momentos ou liderando a comunicación nalgunhas situacións que poidan requirilo.
O secretariado está na oficina de comunicación da provincia en Maldonado, onde tamén está parte do equipo que apoia o seu labor, aínda que varios dos seus colaboradores realizan esta xestión desde distintos lugares da provincia.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.