Centros
de Espiritualidade e Casas de Exercicios
Dedicados a difundir dunha maneira expresa a espiritualidade ignaciana e os exercicios, os centros de espiritualidade están situados en lugares “Fundantes” da Espiritualidade Ignaciana:
-
Loiola e Azpeitia: lugar de nacemento, nenez e conversión de santo Ignacio, o impulsor da orde. E tamén de volta ó cabo do anos, non á súa casa señorial de Loiola, senón ó hospital dos pobres da Magdalena.
-
Manresa (xuntamente con Monserrat e Barcelona): simbolizan a xeografía onde a “conversión” de Ignacio madurece ata se poder afirmar que nestes “lugares santos” Ignacio vive as grandes etapas dos exercicios.
-
Salamanca - Castela. Remítenos á etapa de formación de Ignacio, destacando tres lugares: Arévalo (Ávila), onde Ignacio vive dos 15 ós 25 anos no Palacio do Contador Maior do Reino. Alcalá de Henares (Madrid), onde xunta un inicial grupo de compañeiros e de onde ten que marchar por problemas coa Inquisición. Salamanca, onde continúa estudando e é encarcerado por un tempo.

Ademais existe en Madrid un cuarto centro, o Instituto de Espiritualidade de Comillas.
Todos eles ofrecen unha gran modalidade de recursos: cursos, licenciaturas, máster e outras especializacións en diversos aspectos da espiritualidade ignaciana.
Tamén neles se poden facer diversas modalidades de Exercicios. Así como nas 13 Casas de exercicios que os xesuítas temos en España. Busca a máis próxima á túa localidade aquí. Tamén podes buscar a través do buscador de www.espiritualidadignaciana.org e na modalidade de Exercicios on line.