Quen
somos
A Compañía de Xesús é o resultado dos soños dun grupo de sete estudantes da Universidade de París que, en 1534, decidiron ir desgastar as súas vidas en Terra Santa ou, se non o lograban, poñerse ó servizo do Papa. A orde foi fundada en 1540 e estendeuse rapidamente. Á morte de Ignacio, o seu impulsor, contaba con case un milleiro de membros, un século despois eran xa 13.000.
Dende entón, os xesuítas temos levado a cabo un intenso labor apostólico, propagando a fe, sendo pioneiros nos métodos de inculturación, educando a xuventude, traballando en tódolos campos do saber, enfrontándonos ás inxustizas e defendendo os dereitos humanos.
Os xesuítas tamén tivemos moitas dificultades no noso camiño. En 1773 o papa Clemente XIV viuse forzado a extinguir a Compañía e outro papa, Pío VII, restaurouna en 1814. No século XX persecucións de diferente signo leváronse 340 compañeiros. É a consecuencia dunha formulación da misión da Compañía de Xesús desenvolvida tras o Concilio Vaticano II, baixo o liderado do Pai Xeral Pedro Arrupe e que calla na Congregación Xeral 32 (1974), cando se afirma que existe un vínculo inseparábel entre a fe e a promoción da xustiza. Algo que nos levaría a poñernos do lado das vítimas e a denunciar as estruturas inxustas que as xeran.
Hoxe en día somos 13.995 xesuítas no mundo, dos que 685 se atopan na Provincia de España.
