Jesuitas España

Centros

de Espiritualidade e Casas de Exercicios

Exercicios EspirituaisCentros de Espiritualidade e Casas de Exercicios

Dedicados a difundir dunha maneira expresa a espiritualidade ignaciana e os exercicios, os centros de espiritualidade están situados en lugares “Fundantes” da Espiritualidade Ignaciana:

  • Loiola e Azpeitia: lugar de nacemento, nenez e conversión de santo Ignacio, o impulsor da orde. E tamén de volta ó cabo do anos, non á súa casa señorial de Loiola, senón ó hospital dos pobres da Magdalena.

  • Manresa (xuntamente con Monserrat e Barcelona): simbolizan a xeografía onde a “conversión” de Ignacio madurece ata se poder afirmar que nestes “lugares santos” Ignacio vive as grandes etapas dos exercicios.

  • Salamanca - Castela. Remítenos á etapa de formación de Ignacio, destacando tres lugares: Arévalo (Ávila), onde Ignacio vive dos 15 ós 25 anos no Palacio do Contador Maior do Reino. Alcalá de Henares (Madrid), onde xunta un inicial grupo de compañeiros e de onde ten que marchar por problemas coa Inquisición. Salamanca, onde continúa estudando e é encarcerado por un tempo.

0
0
0
s2sdefault