Jesuitas España

Cultura

de Entornos Seguros

Como Compañía de Xesús temos un forte compromiso coa protección e co coidado das persoas menores e vulnerábeis, así como unha especial atención ás vítimas de abusos e ós seus familiares. Temos feito nos últimos anos un grande esforzo para pasarmos dunha cultura da protección e coidado -que materializabamos garantindo o cumprimento dos nosos protocolos- á cultura dos Entornos Seguros.

entornoseguro.org

O sistema de Entorno Seguro (ES) é, máis ca un programa, unha guía ou un manual. É o desexo de xerar e fomentar espazos, actividades e relacións seguras en cada unha das obras ou institucións pertencentes ou vencelladas á Compañía de Xesús na Provincia de España. E inclúe numerosas actuacións encamiñadas a iso (sensibilización, formación, espazos de escoita, supervisión …)

PARA COÑECER MELLOR O SISTEMA DE ENTORNO SEGURO
PARA OFRECER CALQUERA COMENTARIO OU SUXESTIÓN
PARA FALAR DUNHA SOSPEITA
PARA FACER UNHA QUEIXA, escríbenos a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Protocolos:

Protocolo de intervención en casos de abusos sexuais sobre menores

Normas de conduta en relación con menores

Circular do provincial sobre a protección de menores e persoas vulnerábeis

Circular do Pai Xeral

Manual SES

Guía Básica do SES