Jesuitas España

Mocidade

EducaciónReflexiónSocialPastoralMocidadeSecretariados

SOÑAR unha fraternidade universal nun mundo fogar

Os nosos soños modelan os nosos desexos e esforzos. E os soños que pasan polo Evanxeo van alén dunha carteira de accións e son máis valiosos ca unha medalla de ouro. Ó ollar o horizonte, provocámolos a que vexan algo máis ca muros, luces de cores ou a pantalla do gadget… Ollar o mundo, a humanidade, o futuro … e que xurdan os soños dun mundo que sexa fogar para todos e unha humanidade que trate a todos coa mesma dignidade. Ollando o horizonte é posíbel recoñecer también a Deus na entrega diaria, a confianza apaixonada, o compromiso fiel.

A diferenza entre dalo todo e case todo é infinita”. Con estas palabras, Marc Vilarassau sj, un compañeiro xesuíta, falecido aínda mozo, reflectía o “efecto” desta ollada ó horizonte nas pequenas cousas da vida cotiá.

Para SOÑAR ofrecemos experiencias que buscan integrar tódalas dimensións da vida dende Deus, como o acompañamento persoal, para se formular opcións que “o dean todo”.