Jesuitas España

Espiritualidade

ignaciana

Exercicios EspirituaisCentros de Espiritualidade e Casas de Exercicios

Os principais piares da espiritualidade ignaciana son:

  • Buscar e atopar a vontade de Deus sobre a miña vida. Non o máis perfecto obxectivamente, senón o que Deus quere de min.

  • Ensanchar o corazón cara ás dimensións do mundo, mais aterrando no concreto para non me perder en vaguidades ou en ideais irrealizábeis.

  • Coñecer a miña realidade o máis amplamente posíbel. De aí, examinar moito cada situación e tamén reflexionar moito sobre un mesmo.

  • Discernir, á luz da oración e da razón iluminada pola fe, como podo mellorar esa realidade para facela máis evanxélica.

  • Atopar a Deus en todo o creado, sendo contemplativos na acción.